Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ENSINO PÚBLICO
 

A loita dos docentes das Baleares continúa

Os sindicatos da Educación de Baleares remarcaron o pasado venres que a folga indefinida no sector "continua convocada", ao tempo que lamentaron que mentres tanto a mesa de negociación siga "conxelada e en punto morto", decidiron recorrr o Decreto de Tratamento Integrado de Linguas (TIL) ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares (TSJIB) e convocan folga o día 24.

 

  • Noticias relacionadas

 

O recurso contra o decreto aprobado en abril polo Govern balear cuestiona a constitucionalidade do artigo do decreto de Lei que ditou o Executivo do presidente, José Ramón Bauzá, dúas horas despois de que o Tribunal Superior emitira un veredicto mediante o que suspendía a aplicación do TIL.
 
Este recurso suxéitase sobre o feito de que o Govern de Bauzá aprobou o TIL sen negocialo coa mesa sectorial de educación e ademais vulnera, en parte, a Lei de Normalización Lingüística e o Estatuto de Autonomía por non ter en conta" á Universidade das Illas Baleares como órgano consultivo.
 
Segundo a comunicación realizada polos sindicatos e ao respecto de dar continuidade á folga a "percepción" é "distinta en cada illa". Neste sentido, sinalaron que no caso de Menorca, os docentes están dispostos a que se faga folga "polo menos" un día á semana, en Formentera, apostan mesmo a continuar en folga indefinida, mentres que en Eivissa se está a barallar a opción dun día ou dous de folga semanais, explicaron.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript