Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  PAS LABORAL
 

Convenio Colectivo

Diante da falta de información sobre as negociacións realizadas para a elaboración do novo Convenio Colectivo vímonos na obriga de preguntar en reiteradas ocasións nas sesións do Consello de Goberno.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo se comunicou nas ditas xuntanzas, primeiro díxose que o convenio estaba negociado á espera dunha última lectura, no último, tal e como informamos, o xerente contestou que se está a ultimar o borrador xa que precisamente agora se está a estudar pola Xerencia a interrelación que pode ter precisamente a posible aplicación do convenio ao persoal do Capítulo VI.
 
No último comunicado da UGT dicíase textualmente:
 
“Esiximos á Xerencia que envíe xa o Convenio Colectivo do PAS laboral”. Enviar a quén?. Vai ser a empresa a que informe aos traballadores?.
 
Queremos saber o que está a pasar co Convenio Colectivo. Desde a nosa óptica é reclamable que o Comité de Empresa (representación natural dos traballadores e traballadoras) informe ás súas representadas e representados da marcha do mesmo e o tratado e consensuado coa representación da Universidade.
 
Teñen que ter en conta ámbalas dúas partes (Comité e Xerencia) que, despois de se realizar a funcionarización dos compoñentes do Comité actual non poderán asinar nada.
 
Seguimos á espera de noticias pola canle axeitada.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript