14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


A sociedade analfabeta
A sociedade mesmo despois do Gal, dos Eres, ou de Camps preferiu seguir votando a corruptos que asumir que o eran e que o sistema en pleno o é. E así parece que o volverán facer con Bárcenas.
Con esta sociedade, non paga a pena nin dicir a verdade nin debater os temas en profundidade. Que con iso non che votan. Hai que facer demagoxia, envolverse en bandeiras, un discurso político ideolóxico e prometer ata meter. Que os cidadáns adultos recentemente sei que son medio analfabetos e pódeselles enganar doadamente.

Medios e desinformación
Habería que ver quen é propietario e accionista maioritario dos chamados medios de comunicación e tirar do fío dende aí. Entón veriamos que non se trata dunha sofisticada trama en plan Spectra, senón que en moitos casos os lazos entre as empresas de comunicación e a política son absolutamente persoais, de dependencia mutua, de intereses e biografías compartidos. Iso non é ningunha novidade, todo hai que dicilo. A prensa sempre estivo ligada aos intereses económicos e políticos, ás veces dunha forma tan directa que nin se molestaban en disimulalo.

Coa autoestima polo chan
Nós que nos criamos a salvo, nós que presumiamos de ter unha das mellores sanidades do mundo, nós que enviabamos aos nosos fillos de Erasmus e nos compraciamos de pertencer a un país onde viñan ondadas de inmigrantes a facer o traballo que nós desprezabamos, nós que viaxabamos por todo o mundo presumindo das nosas glorias deportivas en todos os terreos "Son español, a que queres que te gañe? "... Eses mesmos nós somos os que, dende que chegou o PP ao poder, vimos como a autoestima nola pisaban e co dedo acusador nos dicían, dinnos, que viviamos por enriba das nosas posibilidades. Eles, os mesmos que nos empurraban a endebedarnos nas súas caixas, nos seus bancos que tivemos que rescatar entre todos. Eles que agora nos empurran a contratar seguros de saúde porque venderán ata o aire que respiramos. Eles que dixeron en campaña electoral "Cando eu goberne volverá a felicidade aos españois" Recórdano?... Eu si, acórdome diso e dos tres millóns de postos de traballo que prometía Pons coa mesma cara dura que di que as manifestacións no Congreso atentan contra a democracia Qué democracia señor Pons?, a súa e a dos seus compañeiros, é esa a democracia á que se refire?... O pobo soberano non lles soa a sarcasmo?... pois si así figuramos na Constitución, a soberanía radica no pobo... para non deixar de rirse se non resultase tan patético.
E todo isto en só dous anos, dous, a que parece increible? un mal sono?... pois é real, é a destrución controlada dun estado do benestar en cernes que se está a ir polo desaugadoiro da cobiza de políticos, banqueiros e grandes fortunas, si, esas que creceron un 13% nestes dous anos mentres tres millóns de españois sobreviven con 307 € ao mes. Deprimente, non credes?... Soamente me queda un consolo, dous anos máis, ese é o tempo que lles queda, dous anos e entre todos conseguiremos espertar deste mal soño e volver levantarnos das nosas cinzas.

Bye, bye Spain
Este país-nación-estado, dáme igual como o chamemos. (xa me dá igual). Este país, ía dicir, esta roto, unha ampla xeración de persoas, calculo que dos 35 para abaixo, rompeu a súa vinculación con el. Sen eles, non hai país, nin nación nin estado, nin nada.
Tan ampla capa da poboación (¿¿2-3 xeracións??... ás que probablemente se lles unirán tamén as próximas grazas a instrumentos de exterminio como a incrible lei Wert) está a romper o seu vínculo.
Algúns permanecen e permanecerán aquí e non encontran o seu lugar (un lugar no mundo, boa película) ou quizais o acaben encontrando, pero a paixón…, a raíz está morta, seca. Outros marchan e moi probablemente nunha gran porcentaxe nunca regresen.
Isto remata coa súa continuidade (a desta sociedade) definitivamente, o excelente xamón que producimos e a gloriosa fabada non son motivos abondo para integrar un corpo social, son só artigos que se pode replicar noutros lugares sen problemas. A mentalidade, a guía, o programa social, de futuro dun grupo humano, non, este non se pode importar, hai que crealo "in situ". Pero aquí non existe tal cousa. Ergo, se non hai plan, non hai futuro.
Esta sociedade parece definitivamente incapaz de romper coa súa tradición de séculos de autosatisfacción e desprezo polos seus habitantes.
Isto é o plan que se formula dende as instancias de desgoberno?.
O plan é que sexamos Eurovegas?
Persistiremos pois no "que inventen eles", non?... ben, pois parabéns queridos ex-compatriotas... como dicía o irrepetible Labordeta:
"Adeus aos que quedan, e aos que se van tamén".
Bye, bye Spain.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript