Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ITALIA - LOITA ESTUDANTIL
 

Xornada de masivas e intensas protestas estudantís en Italia

Italia, que sofre os efectos das políticas capitalistas impostas pola Troika, foi escenario este venres, de enfrontamentos entre a Policía e estudantes que saíron á rúa en todo o país para rexeitar as medidas neoliberais que afectan ao sistema educativo público.

 

  • Noticias relacionadas

 

80 cidades italianas foron testemuña de masivas manifestacións estudantís contra a redución do presuposto no sector.
 
Na cidade de Milán, os esforzos de estudantes para quebrar a liña das forzas policiais deron lugar a choques, nos que, mentres os axentes lanzaban gases lacrimóxenos, aos que os mozos descontentos respondían con ovos.
 
En Roma, a capital, varios estudantes escribiron lemas contra o capitalismo sobre a parede de bancos e grupos de descontentos intentaron ocupar o Ministerio de Finanzas.
 
Ás protestas de estudantes tamén se sumaron asociacións universitarias e unións estudantís.
 
O pasado outubro, miles de estudantes participaron en protestas similares contra as políticas de recorte e falta de investimento en educación, impostas polo daquela Goberno de Mario Monti.
 
Italia, cunha considerable taxa de desemprego entre os países da Unión Europea (UE), está somerxida dende 2008 nunha grave crise económica e social debido ao neoliberalismo.
 
Hispan TV

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript