Outubro de 2013
 
 

14/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  INFLACIÓN
 

O INE confirma un IPC interanual do 0,3% mentres que a cesta da compra no súper sobe un 7,5%

Segundo o INE, o Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou en setembro un 0,2% respecto a agosto e recortou 1,2 puntos a súa taxa interanual, ata o 0,3%, polo 'efecto chanzo' da suba do IVE.

 

  • Noticias relacionadas

 

A suba do IVE entrou en vigor en setembro de 2012 e implicou un incremento do tipo xeral dende o 18% ao 21%, e do 8% ao 10% no caso do tipo reducido. Esta suba impositiva impulsou a inflación ata o 3,4% en setembro do ano pasado, moi lonxe do 0,3% que se rexistrou un ano despois.
 
Co descenso de setembro, o IPC interanual encadea tres meses consecutivos de descensos e alcanza a súa taxa máis baixa dende novembro de 2009, cando tamén se rexistrou un 0,3%. O Goberno xa vaticinara unha contención do IPC durante este exercicio e mesmo estimou que podería pechar o ano por debaixo do 1%.
 
Estas son as cifras das estatísticas oficiais, o que llas queira crer que llas crea. Agora veñen as extraoficiais elaborados por Tiendeo despois de analizar 865 folletos comerciais de supermercados:
 

 
É dicir nun ano unha suba media do 7,5% nos produtos marca branca e do 13,6% nos de marca comercial, que me temo que é o que notamos todos cando imos ao supermercado a realizar as compras. A isto podédeslle engadir a suba do 8% que levamos acumulada no recibo da luz no que vai de ano ou do 22% no ensino universitario e comezamos a preguntarnos de onde saca o INE ese moderado subido do 0,3%.
 
Se a isto engadídeslle o crecemento "moderado" dos salarios  segundo Montoro (a realidade dáse unha rebaixa xeneralizada), podedes axitar o cocktail as veces que queirades e daravos como resultado un trago amargo de empobrecemento da clase media española non reflectido pola estatística oficial.

http://www.gurusblog.com/archives/ipc-cesta-compra/11/10/2013/

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript