Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  PARO - SETEMBRO
 

O paro rexistrado volve á "normalidade" é dicir, increméntase

O bombo co que se anunciaba o incremento en 31 postos de traballo no mes de agosto estoupoulle ao PP nos fociños e a os traballadores e traballadoras no que é máis importante, na súa estabilidade laboral. A situación ao respecto do paro rexistrado retornou á “normalidade”, máis desemprego e, o pouco que se creou, é dunha calidade miserenta.

 

  • Noticias relacionadas

 

A reforma laboral segue a dar os seus froitos, co fin das precarias contratacións da tempada estival volveu a incrementarse, tanto a nivel estatal coma na Galiza. O número de desempregados na comunidade galega subiu en setembro en 3.209 (un 1,25%) respecto a agosto, co que a cifra total de desempregadas/os é de 260.733.
 
Os datos nas comarcas de ACoruña e Ferrolterra son:
 

 
En relación con setembro do ano pasado, o número de traballadores anotados nas listas do Servizo Público de Emprego en Galicia subiu en 1.360, un 0,52%.
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript