Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ORZAMENTOS 2014. MÁIS RECORTES
 

Activar a resposta

Como xa informamos noutros pasquíns, o goberno da Xunta (o PP) xa tomou a decisión de rebaixar o salario dos traballadores e traballadoras da Administración Pública autonómica, como no ano 2013 aos/as que traballamos nas universidades públicas galegas tamén nos incluirá nese novo recorte.

 

  • Noticias relacionadas

 

De non impedilo, dentro duns meses recibiremos unha comunicación semellante, senón idéntica a remitida para o noso coñecemento a primeiros deste ano.
 
Criterios interpretativos sobre o axuste retributivo das entidades integrantes do SUG previsto nos artigos 37 e 38 da Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013
 
Lembrámosvos que, segundo se contemplaba na resolución que se nos aplicou o desconto, para o persoal das universidades (ao contrario que para o persoal da Xunta), non se realizou recortando ningún complemento en concreto, senón que derivaba das remuneracións anuais (sen computar a antigüidade e a seguridade social) segundo o baremo:
 

 
Este é o menú que nos preparou o sr. Feijoo. Insistimos en que está nas nosas mans activar a resposta a esta nova agresión ou aceptar de bo grado un novo recorte aos nosos xa devaluados salarios.
 
Os órganos de representación de todas as universidades públicas de Galiza deben reunirse, de novo, e preparar un calendario de mobilizacións para responder a este novo recorte salarial, presionando desde agora mesmo para que non se inclúa nos orzamentos do ano 2014.
 
Tamén queremos facer patente o noso desacordo coa actitude dos respectivos Reitores que só se limitaron a trasladarnos o acordo da Xunta, acordo que contravén o Plan de Financiamento das Universidades e que é un ataque en toda regra á Autonomía Universitaria. Que non se esquezan que son os máximos representantes das universidades, responsables primeiros da boa marcha das institucións, teñen que ser, polo tanto, os primeiros, en demostrar (non nos chega con declaracións, notas de prensa…) o rexeitamento aos recortes anunciados. Rexeitamos a súa  patente falta de belixerancia e a obediencia submisa aos ditames da Xunta.
 
Xa non chega con declaracións como as publicadas esta fin de semana na prensa, si a situación é insostible os Reitores teñen que ser a punta de lanza da resposta, seguidos polos Decanos e Directores.
 
Nas nosas mans está o poñerlle freo aos recortes. Se non nos mobilizamos, consentímolos.
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript