Número 202- 07 de outubro de 2013
 
 

STOP DESAFIUZAMENTOS

Por unha Galiza sen desafiuzamentos!

    Esta semana foi dunha actividade febril arredor dos desafiuzamentos, por un lado a asociación de mulleres maltratadas Ve la-luz convócanos o día 7, ás 10:00 horas en Cabanas, Pontedeume, Urb. Los Llanos-3, para impedir o desafiuzamento de Sandra, compañeira desa asociación.
     
    Por outra parte, o día 1, informóusenos de que o martes, día 8, ás 10:30H da mañá está previsto o desafiuzamento de Elisabeth Sanles, unha muller nai de tres fillos, con escasos 200 euros para vivir e que non pode facer fronte ao pago do alugueiro da súa casa.

ORZAMENTOS 2014. MÁIS RECORTES

Activar a resposta

    Como xa informamos noutros pasquíns, o goberno da Xunta (o PP) xa tomou a decisión de rebaixar o salario dos traballadores e traballadoras da Administración Pública autonómica, como no ano 2013 aos/as que traballamos nas universidades públicas galegas tamén nos incluirá nese novo recorte.

INTERVENCIÓN XENERAL DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

    Xustifica a privatización en que "A Intervención Xeral da Administración do Estado carece de efectivos abondo para facer fronte, no prazo previsto, a algunhas das actuacións de control e auditoría previstas no Plan Parcial de Auditorías e Control Financeiro de Subvencións e Axudas Públicas para o ano 2014 e no Plan de Control de Fondos Comunitarios para o ano auditor 2013-2014"

ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

    Nestes días, e para tapar as protestas que os traballadores e traballadoras da Administración Pública da Galiza veñen realizando polo novo recorte salarial que nos prepara Feijoo, os medios de comunicación publican amplos artigos relacionados coa negociación entre os representantes dos/das traballadores/as e a Xunta sobre a xornada e horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Segundo os cálculos que publican os medios de comunicación desde que Zapatero comezou cos recortes salariais na administración pública, o estado aforrouse máis de 33.000 millóns de euros, as contas que se publican refírense á administración central, na administración galega o aforro é maior pois os recortes son de maior entidade que na administración central.

NON É UN CHISTE

    As taxas de reposición practicamente en cero, rebaixas xeneralizadas nos salarios, múltiples problemas e impedimentos para ter unha baixa médica remunerada pero iso si, insta aos traballadores e traballadoras a que participen no oficio relixioso en honor de Francisco de Asís, e para facilitarlles a asistencia concédelles hora e media de dispendio.

ILLES BALEARS. FOLGA DO ENSINO

    Ante o inmobilismo do Goberno Bauzá, o colectivo docente balear decidiu suspender, que non desconvocar, o paro indefinido. A Asemblea de Docentes de Mallorca reuniuse onte pola tarde para decidir a partir de cando iniciarán a suspensión da folga indefinida que comezaron hai dúas semanas para lograr a derrogación do Tratamento Integrado de Linguas (TIL)

OPINIÓN - CARMEN DOMÍNGUEZ GODÍNEZ

    Non se trata agora de construír só un movemento crítico e alternativo dende sempre necesario no seo da Universidade, senón de frear a destrución desta como servizo público de formación do coñecemento, a investigación e o desenvolvemento.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Por compromisos co meu último libro, pasei nas dúas últimas semanas polas sedes de varios medios de comunicación, de todo tipo: radios, televisións, prensa escrita, dixitais. En todos estivera xa outras veces, e ao volver agora recoñezo ao entrar unha paisaxe común: na maioría vexo nada máis chegar o oco que deixaron os traballadores despedidos, as páxinas recortadas, os programas cancelados. Despachos pechados, mesas desocupadas, corredores apagados, persianas baixadas, plantas enteiras baleiras mentres os superviventes se repregan xuntos, cada vez en menos espazo.

    
  •   
 
 PARO - SETEMBRO
    O bombo co que se anunciaba o incremento en 31 postos de traballo no mes de agosto estoupoulle ao PP nos fociños e a os traballadores e traballadoras no que é máis importante, na súa estabilidade laboral. A situación ao respecto do paro rexistrado retornou á “normalidade”, máis desemprego e, o pouco que se creou, é dunha calidade miserenta.
 MALGASTO
    Os recortes sistemáticos en todas as partidas relacionadas cos servizos sociais e servizos á cidadanía acompáñanse cunha ilimitada cantidade de diñeiro destinada á propaganda institucional. Nesta última etapa do ano véñense de publicar no DOG os convenios correspondentes ás campañas publicitarias dos diferentes organismo da Xunta.
 TRAXEDIA DE RANA PLAZA
    Sepultado ao igual que as 1.127 vítimas mortais daquela traxedia, agora pola avalancha doutras noticias, pasou case inadvertido, de xeito clandestino, o exercicio de mesquindade de famosas multinacionais responsables das inhumanas e inseguras condicións laborais baixo as que pobres obreiros, miserablemente pagados apenas sostiñan as súas familias.
 SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL
    O grupo de Traballo da Comisión Social de Seguimento por un saneamento integral para a Ría de Ferrol, remite un documento a todos os partidos políticos con representación no Parlamento Galego.
 Organización para a Seguridade e Cooperación Europea (OSCE)
    A Organización para a Seguridade e Cooperación Europea (OSCE) incluíu a España na "lista negra" das democracias no mundo, pero non só pola falta de liberdade e pola expulsión de seis diplomáticos, observadores internacionais na manifestación de "Xaque ao Rei".
 LINGUA . A Mesa Pola Normalización Lingüística
    A Mesa denuncia que a empresa pública mudou os topónimos legais da súa páxina web para volver introducir as formas deturpadas. A asociación en defensa da lingua anunciou medidas tanto perante a Defensora del Pueblo como ante a ministra de Fomento, Ana Pastor, para que insten a empresa pública a respectar a legalidade.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      CARLOS FABRA, XUIZO DESPOIS DE 10 ANOS DE INSTRUCIÓN

       
        ORZAMENTOS DO ESTADO 2014. O ORZAMENTO DE SANIDADE BAIXA UN 35%, O QUE MÁIS SE REDUCE DE TODOS OS MINISTERIOS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript