Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERVENCIÓN XENERAL DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
 

O PP “externaliza” parte das actuacións da Intervención Xeneral da Administración do Estado

Xustifica a privatización en que "A Intervención Xeral da Administración do Estado carece de efectivos abondo para facer fronte, no prazo previsto, a algunhas das actuacións de control e auditoría previstas no Plan Parcial de Auditorías e Control Financeiro de Subvencións e Axudas Públicas para o ano 2014 e no Plan de Control de Fondos Comunitarios para o ano auditor 2013-2014"

 

  • Noticias relacionadas

 

No BOE de 11-09-2013 publícase a Orden HAP/1633/2013, de 9 de setembro, pola que se declara a insuficiencia de medios da Intervención Xeneral da Administración do Estado, que xustifica a contratación con empresas privadas de auditoría .
 
O artigo 168 da Lei Xeral Presupostaria, establece a obriga da Intervención Xeral da Administración do Estado de realizar anualmente a auditoría das contas anuais dos Organismos Autónomos, as Entidades Públicas Empresariais...
 
Así mesmo, o artigo 141 establece que a Intervención Xeral da Administración do Estado exercerá o control sobre entidades colaboradoras e beneficiarios de subvencións e axudas...
 
A Intervención Xeral da Administración do Estado, como en anos anteriores, carece de efectivos abondo para facer fronte, no prazo previsto, a algunhas das actuacións incluídas nos plans aprobados, polo que razóns de eficiencia técnica e organizativa e, fundamentalmente, razóns orientadas a dar cumprimento á normativa nacional e comunitaria, determinan a necesidade de establecer un proceso de colaboración con empresas privadas de auditoría, mediante a contratación da execución de determinadas actuacións de control mencionadas anteriormente, que a Intervención Xeral da Administración do Estado non pode asumir na súa integridade cos seus efectivos actuais.
 
Cando se privatiza unha das funcións esenciais da administración pública como é a de autocontrolarse, é síntoma de que se privatizarán moitas máis das funcións que, até o momento, realizaba en exclusiva.
 
O neoliberalismo acabará coa Administración Pública tal e como a coñecemos rematando, de paso se non lle facemos fronte, cos servizos públicos.
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript