Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

Por unha Galiza sen desafiuzamentos!

Esta semana foi dunha actividade febril arredor dos desafiuzamentos, por un lado a asociación de mulleres maltratadas Ve la-luz convócanos o día 7, ás 10:00 horas en Cabanas, Pontedeume, Urb. Los Llanos-3, para impedir o desafiuzamento de Sandra, compañeira desa asociación.
 
Por outra parte, o día 1, informóusenos de que o martes, día 8, ás 10:30H da mañá está previsto o desafiuzamento de Elisabeth Sanles, unha muller nai de tres fillos, con escasos 200 euros para vivir e que non pode facer fronte ao pago do alugueiro da súa casa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os Servizos Sociais do Concello desenténdense e néganse a axudala por considerar que a súa situación non é de vulnerabilidade social.
 
O Xulgado executa.
 
Ó mesmo tempo hai 20.000 vivendas baleiras na cidade da Coruña.
 
O próximo martes día 8 vana botar da casa e deixar na rúa, poñendo en marcha un desproporcionado despregue policial.
 
A redacción do PASquín somos parte de Stop Desafiuzamentos da Coruña, porque entendemos que o dereito á vivenda digna é un dereito básico polo que temos que pelexar para que se faga realidade.
 
De pouco vale a retórica, as consignas, as palabras, se non estamos onde hai que defendelas. O PASquín desta semana redúcese en contidos porque non temos tempo para todo e, en tendo que escoller, optamos por actuar.
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript