07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


A dieta para os políticos
Estamos enfraquecidos pero, asombrosamente, de comernos nós soíños a crise, igual alguén pensa, que bo metabolismo ten o país!. A min paréceme que os nosos políticos, aínda que sexan catro, como din algúns, deberían seguir a mesma dieta que seguimos o resto, (non me refiro aos concellos pequenos). Pois iso que deberían probar a mesma dieta de por exemplo: redución do salario nun 30%, conxelación de paga extra (uf cachis que eles non teñen, ratéanas), cotización dos mesmos anos que o resto para poder xubilarse (algún dirá: que é iso?), é dicir, 35-37 anos cotizados (ollo, pero non dentro do congreso), mandatos limitados a 4 anos parlamentarios (con 47 millóns de cidadáns temos substitutos interinos de sobra) etc. etc. etc. Creo que deben probar esta dieta tan sinxela, véselles mala cara e peores entrañas.

Bucle histórico
A historia é un bucle no que estamos metidos de couce e fouce e do que por máis énfase que poña o noso florido presidente en Xapón, non saímos nin de coña. Como imos saír con políticas como as que se están aplicando?. Os únicos que seguen igual, perdón mellor, son os banqueiros e os especuladores financeiros, eses que nos levaron ata onde estamos coa conivencia e o incondicional apoio duns políticos viles e trincóns, eles si, eles ven luces ao final de túnel, brotes verdes e o que faga falta, a festa está servida, todo o que nós perdemos gáñano eles, o diñeiro non se destrúe, non se volatiliza, simplemente cambia de mans, sempre ás mesmas mans.

O presidente vende no Xapón a nosa pobreza como un éxito persoal
Segundo o Instituto Cervantes hai en Xapón máis de 60.000 alumnos universitarios que escollen o castelán como lingua de estudo. Tamén, parece ser que o interese pola cultura do estado español en xeral experimentou un aumento notable. Pero o presidente do goberno considerou que o mellor para estimular o interese dos xaponeses, mellor dito, dos investidores xaponeses, é recordarlles o baratos que lles saímos aos empresarios. Vende a nosa pobreza como unha virtude, como un éxito persoal. A "delgadeza", a "anorexia" da sociedade española é o que vende noso excelente e emprendedor presidente do goberno. Con iso está todo dito.

Hai que reaccionar
Mentres o pobo non reaccione o país seguirá en caída libre. Que ninguén se confunda, aínda non tocamos fondo. Aínda hai xente co poder adquisitivo suficiente para ir ós centros comerciais, ós bares, ou restaurantes,...A crise non é só financeira, é dun sistema de vida que xa non ten sentido e no que xa non aguantamos máis. Sabémolo, pero seguimos coma zombis autómatas premendo o botón da satisfacción inmediata. A tensión pálpase en todos os lugares onde os asalariados pelexan por míseros soldos para chegar co fin de mes,...O resto malvivindo da avoa, do paro ou o subsidio...Todo isto empezou o día en que nos convertemos (ou convertéronnos) en consumidores para deixar de ser cidadáns,...e rematará o día en que recuperemos a dignidade, o respecto e a soberanía como pobo. Mentres tanto a seguir bailando...

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript