Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  MALGASTO
 

Para autobombo sempre hai diñeiro

Os recortes sistemáticos en todas as partidas relacionadas cos servizos sociais e servizos á cidadanía acompáñanse cunha ilimitada cantidade de diñeiro destinada á propaganda institucional. Nesta última etapa do ano véñense de publicar no DOG os convenios correspondentes ás campañas publicitarias dos diferentes organismo da Xunta.

 

  • Noticias relacionadas

 

Medio Rural sacou a concurso no DOG do 10/09/2013 o Plan de Desenvolvemento Rural. As diferentes consellerías gástanse centos de miles de euros en  divulgar o ben que o están a facer e reclamando á cidadanía mediante estes procedementos a gratitude e pleitesía debida.
 
Agora faino a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza mediante a
RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2013.
 
Tamén a Secretaría Xeral de Medios coa RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2013.
 
E seguirán aparecendo publicacións desta índole. 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript