Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  NON É UN CHISTE
 

Cospedal concede permiso de hora e media aos traballadores da administración para que vaian a misa

As taxas de reposición practicamente en cero, rebaixas xeneralizadas nos salarios, múltiples problemas e impedimentos para ter unha baixa médica remunerada pero iso si, insta aos traballadores e traballadoras a que participen no oficio relixioso en honor de Francisco de Asís, e para facilitarlles a asistencia concédelles hora e media de dispendio.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ser católico, apostólico e romano en Castilla-La Mancha ten un premio engadido sempre e cando traballes para o Goberno de María Dolores Cospedal e vaias a misa, como o proba que os empregados públicos que prestan os seus servizos na Consellaría de Agricultura tivesen este mes unha hora e media de dispendio para asistir aos oficios relixiosos en honor de san Francisco de Asís, celebrados no mosteiro de San Juan de los Reyes (ver correo electrónico) 

 

A información na prensa

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript