Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ILLES BALEARS. FOLGA DO ENSINO
 

A Asemblea de Docentes acordou a suspensión temporal da folga, aínda que sen desconvocala

Ante o inmobilismo do Goberno Bauzá, o colectivo docente balear decidiu suspender, que non desconvocar, o paro indefinido. A Asemblea de Docentes de Mallorca reuniuse onte pola tarde para decidir a partir de cando iniciarán a suspensión da folga indefinida que comezaron hai dúas semanas para lograr a derrogación do Tratamento Integrado de Linguas (TIL)

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A proposta votouse favorablemente por 143 dos 156 centros. Nun comunicado indican que é unha parada "temporal" que lles poida permitir "redeseñar a estratexia do conflito e dar un respiro e osíxeno" tanto a docentes coma a familias. Na nota tamén se critica a actitude "irresponsable" do PP ante a negociación e ríscaos de "intransixentes, totalitarios e déspotas sen ilustración".
 
Haberá que estar á espera do que se resolva, pero mentres tanto debemos recoñecer a valentía e o compromiso dos e das docentes que levaron a cabo esta folga cun seguimento sen precedentes e unha convocatoria nas rúas que non se vía dende hai décadas

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript