Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  TRAXEDIA DE RANA PLAZA
 

As multinacionais danlle as costas aos mortos de Bangladesh

Sepultado ao igual que as 1.127 vítimas mortais daquela traxedia, agora pola avalancha doutras noticias, pasou case inadvertido, de xeito clandestino, o exercicio de mesquindade de famosas multinacionais responsables das inhumanas e inseguras condicións laborais baixo as que pobres obreiros, miserablemente pagados apenas sostiñan as súas familias.

 

  • Noticias relacionadas

 

Acaso o apagar o foco de atención mediática cara a negociacións que se intentaron entaboar en Xenebra se deba a que se trata de importantes empresas como Inditex, Mango ou Carrefour, que simplemente optaron por virar as costas a estas discusións, mentres El Corte Inglés e Primark mantivéronse regateando o que por xustiza deben tributar. Unha das ausencias clave foi a de Benetton, que dixo que se centrará no "traballo directo cos afectados polo desastre", o que se traduce na repartición de limitadas dádivas, típicas de quenllas da industria, nunca dispostas a perder.
 
Monika Kemperle, secretaria xeral de sindicato IndustriALL, adscripto á Organización Internacional do Traballo (OIT) denunciou as "promesas baleiras e as mentiras" dalgunhas multinacionais para evitar facer fronte ao pagamento dunhas indemnizacións que non supoñerían máis que unha "porcentaxe ínfima da súa facturación" multimillonaria.
 
Ningunha delas desexa perder o brillo das súas marcas de confeccións exhibidas en vitrinas e marcadas con altos prezos, xa de por si embazadas por un trasfondo maquillador de explotación e morte nos países subdesenvolvidos do sur.
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript