Outubro de 2013
 
 

07/10/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Dende 2010 o Estado aforrou máis de 33.000 millóns cos recortes ás traballadoras/es da administración pública

Segundo os cálculos que publican os medios de comunicación desde que Zapatero comezou cos recortes salariais na administración pública, o estado aforrouse máis de 33.000 millóns de euros, as contas que se publican refírense á administración central, na administración galega o aforro é maior pois os recortes son de maior entidade que na administración central.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta forte caída explícase porque despois do recorte de Zapatero -que non se recuperou aínda- chegaron as conxelacións salariais de 2011, 2012 e 2013 (a Xunta non só conxelou senón que recortounos salario). E ademais o pasado exercicio o Goberno non lles aboou a paga de Nadal, que en termos de poder adquisitivo supuxo unha perda do 7%.
 
Si se traduce esta situación a diñeiro, obtense un forte aforro de gasto público entre 2010 e 2013. Para iso, aos recortes salariais débese sumar a destrución de case 400.000 empregos públicos, en termos netos, dende que se iniciou a crise. A maioría concentrados no último ano.
 
Con iso, a nómina para pagar salarios ao sector público ascendía a 127.000 millóns de euros en 2010, antes da baixada de soldos. Tras o axuste, esta nómina baixou a 123.000 millóns en 2011 e coa conxelación salarial e a retirada da extra reduciuse a 118.000 millóns en 2012. No presente exercicio, coas retribucións tamén conxeladas, a nómina destes traballadores volveu caer a 116.000 millóns, neste caso, sobre todo pola destrución de emprego.
 
Isto supón que se o Goberno non aplicara todos estes recortes tería que pagar 24.000 millóns máis para a nómina de empregados públicos. Se ben esta cantidade está medida en termos nominais, si se lle aplicara a inflación de cada ano, obtense un aforro para o gasto público moito maior, de case 33.000 millóns de euros nos últimos catro anos. Esta cantidade coincide casualmente co que no Executivo se espera aforrar nos próximos nove anos cos últimos axustes feitos ao sistema de pensións.
 
Fonte dos datos: Cinco días.
 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript