setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ECONOMÍA
 

Para o PP xa rematou a recesión. A crise seguimos a pagala nós

Todo o PP pero con máis insistencia o presidente do goberno repiten, unha e outra vez,  o mantra de que a recesión xa quedou atrás, e insisten que hai luz ao final do túnel.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mariano Rajoy ven de participar na 68ª Asemblea Xeral de Nacións Unidas, a súa presenza tiña como obxectivo, ademais de intervir na asemblea, intentar convencer á opinión pública estadounidense de que a recesión é auga pasada. Para conseguir esta finalidade concedeu unha entrevista á axencia Bloomberg, na súa intervención reiterou unha vez máis que “en este momento estamos abandonando la recesión e iniciando un camino de esperanza hacia el futuro, en el que todavía tendremos que trabajar mucho, aunque ya se ve la luz al final de túnel”.
 
O auto de fe co que nos intentan convencer da recuperación económica nesta última etapa repetido incansablemente por todos os persoeiros do partido que goberna tanto en Madrid como en Galiza non se sustenta na práctica.
 
Os goteo (mellor dito catarata) de recortes non remata, acaban de recortar as pensións dos xubilados e xubiladas, fai uns días que lexislaron un novo e indecente copago para os medicamentos que se expenden nas farmacias dos hospitais, copago en dependencia, máis de seis millóns de paraoas/os, a xuventude segue a prepararse para buscar un futuro fóra porque aquí se lles nega, e isto é só un exemplo. A cidadanía non saíu da crise.
 
A todos os machadazos realizados hai que engadir, unha vez máis, o recorte salarial que sufriremos os traballadores e traballadoras da administración pública de Galiza, e a conxelación dos soldos dos traballadores e traballadoras da Administración Central.
 
De todos os xeitos si hai quen xa fai tempo que veu a luz ao final  do túnel, os bancos e banqueiros, os grandes empresarios e os capitalistas. Non desvelamos nada que non saibades.
 
Diciamos que a cidadanía non saíra da crise, o que si facemos é pagarlla a eses que xa están do outro lado.
 
Non podemos quedarnos quedos e agardar que, sen facer nada, mellore a nosa situación, sen a nosa mobilización e a nosa implicación para obrigar a que se realice un cambio no rumbo só empeoraremos.  As traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza xa comezaron as mobilizacións . A qué agardamos nós?.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript