setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA. ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Reunión da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos

O pasado día 24 de setembro realizouse en Compostela unha reunión da Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos da que non formamos parte pero apoiamos as mobilizacións que dende ela se convocan. Nesa reunión os sindicatos CIG, CCOO,UGT e CSIF, que se reuniran previamente expuxeron ao resto de organizacións presentes as decisións que tomaran.

 

  • Noticias relacionadas

 

Despois dunha análise da situación da Plataforma expúxose a proposta á que previamente chegaran os catro sindicatos xa mencionados, fai de portavoz o representante da CIG. Apróbanse todas as propostas:
 
Tómase a decisión de que na semana do 1 ao 9 de outubro os sindicatos con representación nas Xuntas de Persoal e Comités de Empresa, convocarán asembleas nos centros de traballo e nas bisbarras nas que se  expoñerá aos traballadores e traballadoras o calendario de mobilizacións, contra os recortes e a agresión aos servizos públicos.
 
O 9 de outubro prográmase unha rolda de prensa ás 11:00h, nos locais de CIG, en Compostela, para anunciar a concentración en San Caetano do día 10 e as mobilizacións posteriores.
 
O 10 de outubro dende as 11,30h realizarase unha concentración en San Caetano, coincidindo co Consello da Xunta.
 
Coincidindo coa convocatoria da Mesa de Negociación (pénsase que pode ser arredor do día 16 de outubro e os debates dos orzamentos no Parlamento de Galicia (pénsase que poden comezar a finais de outubro ou principio de novembro) decídese que se realizarán  concentracións diante da Xunta
 
Recollida de sinaturas: A CIG quedou encargada de facer un borrador dun breve texto , coas reivindicacións básicas para realizar a recollida de sinaturas entre os traballadores e traballadoras da Administración Pública, o texto consensuarase mediante correo electrónico que a CIG enviará ao resto de organizacións.
 
Ir valorando a posibilidade de realizar manifestacións comarcais, as datas das mesmas determinarase na vindeira reunión da Plataforma..
 
Por consenso decídese que a portavocía da Plataforma:recaia nos sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript