setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  SOCIEDADE
 

As Olimpíadas Obreiras: outro xeito de entender o deporte

Na Europa dos anos 20 e 30, intentouse abrir un camiño moi afastado do concepto de negocio e competencia extrema que hoxe impregna calquera evento deportivo: as Olimpíadas Obreiras, que mobilizaron a miles de afeccionados que entendían o deporte como un instrumento de participación e confraternización entre os pobos.

 

  • Noticias relacionadas

 

As loitas sindicais nos países occidentais lograran instaurar a xornada de oito horas, polo que moitos traballadores aproveitaron o tempo libre para lanzarse á práctica do deporte. Non obstante, as escolas xa tiñan un forte compoñente elitista, polo que o movemento obreiro quixo impulsar a súa propia alternativa. Celebráronse só catro citas -en Frankfurt (1925), Moscú (1928), Viena (1931) e Anveres (1937)-, pero foron suficientes para mostrar a vontade de levar á práctica outro xeito de entender o deporte.
 
As Olimpíadas Obreiras fuxían da figura do atleta profesional, reivindicaban o espírito de superación máis que o de competencia e tiñan como obxectivo conseguir a paz mundial a través do contacto que facilitaban estes eventos. Os obreiros vían os Xogos "burgueses" como un medio de propaganda para exaltar valores nacionalistas, que, ademais, estaban totalmente mercantilizados.
 

 
Deste modo, cando remataba unha proba, non soaba o himno do país de orixe do gañador, senón a Internacional, e só ondeaba unha bandeira: o vermella, que representaba a unión de todos os traballadores do mundo. Do mesmo modo, rexeitaban a creación de ídolos e marcas. O deporte debía ser para as masas, pero non mediante o consumo, como meros espectadores, senón a través da participación plena.
 
As primeiras Olimpíadas Obreiras celebráronse en Frankfurt, en 1925. A súa capacidade de convocatoria foi crecendo ata que, en 1936, se designou a Barcelona como a cidade escollida para celebrar o macroevento. Ese mesmo ano, os Xogos oficiais celebráronse na Alemaña de Hitler, polo que a Olimpíada Popular, como se coñeceu en España, tiña especial importancia como contrapeso. Pola súa banda, o goberno da República decidiu non enviar representación española a Berlín a xeito de boicot.
 
A Barcelona chegaron miles de atletas de máis de 20 países, incluído un equipo de xudeus perseguidos polo fascismo europeo. Pero Mola, Franco e o resto de golpistas deron a súa asonada militar. A cita tivo que cancelarse a toda présa e, aínda que a maioría marchou de volta aos seus países de orixe, moitos deportistas permaneceron en España.
 
Así o describe o historiador Antony Beevor: "O acto non foi posible porque a paixón da loita desbordouno todo. Moitos dos atletas estranxeiros que esperaban nos seus aloxamentos e hoteis uníronse ao día seguinte aos obreiros para loitar contra o fascismo, e uns 200 deles incorporáronse máis tarde ás columnas das milicias populares".
 
Ao ano seguinte, en plena guerra, unha delegación de atletas españois participaría nas Olimpíadas Obreiras, que foran trasladadas a Anveres. No desfile inaugural, o grupo avanzou cun coche no que se podía ler: Non pasarán".
 
Este artigo está incluído no número 9 de La Marea, que podes encontrar en kioskos e
aquí

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript