setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  FERROL - SECTOR NAVAL
 

O Sector Naval ferrolán de novo na Rúa

Unha marea azul tomou as rúas de Ferrol, a asemblea comezaba pasadas ás 10.30 da mañá na que se aprobou un novo calendario de mobilizacións, que incluirá unha nova mobilización para o 10 de Outubro e outra á semana seguinte o dia 24.

 

  • Noticias relacionadas

 

Logo da Asemblea traballadores e traballadoras partiron polas rúas de Ferrol, a protesta era conxunta de Navantia Ferrol e Fene, diante do Edificio Administartivo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia, foi a primeira parada, o emprego é fundamental para unha comarca tan castigada, na Praza do Concello reclamou-se a carga de traballo prometida e denuncio-se o engano dos gobernos de Ferrol, Madrid e Compostela. O tan cacareado "Contrato" coa petroleira mexicana Pemex para a construción dos floteis, cos que nos estivo enganando o Presidente da Xunta -Alberto Nuñez Feijóo.
 
Pola tarde no Pleno de Ferrol
 
Desta vez xa non eran os miles de traballadoras e traballadores de pola mañá, só uns centos, agardaban na Praza do concello, e 80 ocuparon o restrinxido aforo do salón de Plenos. Mais as protestas do sector naval no interior do Palacio Municipal derivaron nun pulso entre o Alcalde, José Manuel Rey Varela, e os presentes que non paraban de esixir as promesas incumpridas e demandar a dimisiónr. O Alcalde decidiu suspender a sesión.
 
Ártabra21

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript