setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  NOVA FOLGA XERAL NO SECTOR DA LIMPEZA
 

O sector da limpeza convoca unha nova folga xeral o 5 de outubro

Os sindicatos e os comités de CESPA, ALBADA, SOGAMA e da planta de Lousame xustifican o paro pola "estafa social" das concesionarias do lixo e para defender os convenios colectivos. Esixen ao Concello que se faga cargo da xestión de Nostián

 

  • Noticias relacionadas

 

O segundo paro xeral do sector en menos de dous meses convócase contra a estafa social das concesionarias do lixo, para defender os convenios colectivos, contra a reforma laboral e para esixir ao Concello que retire a concesión a Albada e asuma a xestión de Nostián.
 
O mesmo día da folga, os traballadores convocarán unha manifestación polas rúas da cidade para as 12.00 horas - da que aínda se descoñece o percorrido-, ao tempo que advirten de que estas medidas son un novo paso no conflito e anticipan máis accións contundentes.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript