setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ENSINO PÚBLICO
 

O que está a facer o profesorado das Illes é exemplar

A folga exemplar do profesorado de Illes Balears que vai polo se décimo quinto día ten como finalidade a derogación do decreto de Tratamento Integrado de Linguas (TIL), á loita decidida do estamento docente únese o apoio das AMPAS que baleiraron as aulas estes días pasados.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tal e como resaltou Vicente Rodrigo, presidente de FAPA Mallorca, "as Amipas están a dar unha lección de implicación e responsabilidade porque queren que o conflito se resolva con consenso e por iso están a dar osíxeno aos mestres, para que a protesta non remate por un esgotamento ecónomico,".
 
E do éxito da iniciativa falan as cifras. Só un número mínimo de alumn@s acoden ás aulas e a folga ten un seguimento nunca antes alcanzado nas mobilizacións do sector.
 
Paralelamente desenvólvese unha campaña de recollida de diñeiro para sufragar os gastos tanto da campaña como das mobilizacións, aluguer de buses para as concentracións como a realizada este domingo en Palma
 
Pola súa parte o Executivo de José Ramón Bauza, da intransixencia inicial pasou a convocar unha mesa de negociación, e á oferta de que o trilingüismo non fose obrigatorio en Secundaria durante este curso, senón que fosen os centros os que decidiran se están en condicións de aplicalo. Ademais, readmitiron os tres directores expulsados en Menorca por negarse a implantar o TIL nos seus colexios. A Consellaría permitiu que volvan aos seus lugares de traballo, pero como profesores, sen devolverlles as súas funcións nin o complemento salarial.
 
Os mestres e a cidadanía das Illes está disposta a continuar indefinidamente a loita contra a imposición reclamando a participación e a democracia na toma de decisións. Este é un novo exemplo de que a unidade e a mobilización social son os únicos camiños para cambiar as decisións tomadas polos políticos que queren rematar cos nosos dereitos.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript