setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL - ECONOMÍA
 

Rajoy di en Nova York que endurecerá a reforma laboral se é necesario

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, dixo en Nova York que non descarta a posibilidade de reformar, valla a redundancia, a reforma laboral se o considera necesario para seguir as teses da OCDE e mellorar así o seu funcionamento.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non obstante, o líder conservador sostén que as medidas introducidas ata agora van na dirección correcta e tiveron un impacto positivo. Polo menos así o indicou o propio presidente nunha entrevista concedida a Bloomberg TV. "Se fose necesario ou útil facer un retoque para que as cousas funcionasen mellor, non dubide que o fariamos", apuntou Rajoy, quen subliñou que "o obxectivo nacional é crecer e crear emprego".
 
Neste sentido, o presidente subliñou que as reformas e axustes adoptados en no Estado "xa están a dar resultados". Ademais, o líder conservador volveu destacar a chegada de investimentos estranxeiros no sector do automóbil a raíz da flexibilidade introducida pola reforma laboral.
 
Por outro lado, Rajoy cualificou a mellora rexistrada nas exportacións como "o maior éxito" de España e recordou que o crecemento das vendas españolas ao exterior foi o máis alto entre os países da eurozona, o que permite ser optimista de cara ao futuro.
 
A política laboral do goberno impulsa a prcariedade e os baixos salarios o que, á súa vez son a atractiva chamada tanto para incrementar as exportacións como para a entrada de capital estranxeiro. Non vos parece un modelo coñecido?. Non vos recorda a modelos coma o Chinés…

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript