30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Rajoy Percebe
En realidade Wert o que reflicte é a intención do goberno de idiotizarar aos cidadáns do estado, cataláns galegos ou murcianos. O percebe Rajoy sóltase da rocha á que estaba amarrado para acudir a nacións unidas e falar do contrabando en Xibraltar. E na sede do PP ?.
E eu que pensaba que o xuíz Ruz sería un bo percebeiro da corrupción política. Que decepción.

Lexislar contra o terrorismo financeiro
Hai que establecer novos conceptos de seguridad, e tipificar como delito todos os actos que aterroricen aos cidadáns:
- Establecer: o "Terrorismo financeiro" (que nos esta matando pouco a pouco a todos)
- E "A apoloxía do terrorismo financeiro" (para aqueles quen axúdalles, protexen, ocultan e instigan.. )
E aplicarlles a todos eles... a actual lei anti-terrorista.
Porque o que están a facer con todos nós é :aterrorizarnos e secuestrar as nosas vidas cada día máis, e cada día máis... e cada día un pouco máis...

LOMCE
O de que compute a materia de Relixión non sei ata que punto é legal. Supón un agravio comparativo para o alumnado que decide non optar por esta materia, e que verá como a súa nota media baixa. Os profes de relixión téñeno doado para "convencelos de que opten por esa materia: con poñer notable-sobresaínte a todos, xa está.
Nestes momentos en que, ao chegar a selectividade, unha décima é definitiva para poder elixir ou non a carreira que ti queres, isto non é moco de pavo.

Perversión gobernamental
A perversión continua da linguaxe, a mentira e a censura como políticas de comunicación habituais dun goberno que pasou do estado de descomposición ao de putrefacción avanzada. Hai cousas que non é necesario demostrar porque xa foron probadas sobradamente; o que sería desexable, aínda que bastante improbable, é que dunha vez a Xustiza condenase este tipo de condutas, acontece que o estado de putrefacción da nosa Xustiza é moi similar ao da clase política.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript