setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  CONSELLO DE MINISTROS
 

Orzamentos 2014, para poñerse a tremer

Sáenz de Santamaría, definiu as contas públicas para 2014 coa eufemística frase de que "Son uns presupostos razoables e realistas", destacou tamén a vicepresidenta os orzamentos, como os "primeiros presupostos da recuperación". A número dous de Rajoy puntualizou logo que se mantén a “contención” do gasto para asegurar esa recuperación.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non obstante, Luis de Guindos admitiu que esta suposta mellora non deterá a sangría da destrución de emprego que non baixará do 26%
 
A pesar das “melloras” anunciadas
nas contas para o ano que vén segue habendo recortes. Para empezar, a conxelación do salario dos traballador@s da administración pública e a prórroga das subas de impostos xa en vigor, sempre co obxectivo de rebaixar o déficit. A diminución do gasto público segue sendo un horizonte sacrosanto para Bruxelas, malia conceder ao estado dous anos máis para axustar as súas contas.
 
A vicepresidenta Sáenz de Santamaría aludía ao aumento dalgunhas partidas que, á luz das cifras, parecen case simbólicas: 250 millóns máis para bolsas ou 71 millóns para investigación e desenvolvemento.
 
Como demostración de que a crise segue golpeando fundamentalmente aos cidadáns e ao emprego, estes presupostos tiveron que aumentar de novo a partida destinada a cubrir prestacións por desemprego. O Estado destinará 34.000 millóns de euros ao Servizo Estatal Público de Emprego, unha alza do 7% con respecto a 2013.
 
Pensións e IPC
 
No Consello de Ministros aprobouse á súa vez a reforma das pensións e a chamada desindexación do IPC; é dicir, a lei que desvincula a actualización de pensións e salarios públicos da evolución do Índice de Prezos ao Consumo e polo tanto da inflación.
 
Esta última medida representa que, na práctica, traballadores e pensionistas perderán poder adquisitivo, o que, aseguran os expertos, é especialmente grave no caso dos maiores que non teñen, por poñer un exemplo, posibilidade de buscarse un traballo mellor remunerado ou mellorar os seus ingresos por outras vías.
 
O cálculo sitúa entre un 20% e un 28% a perda de poder adquisitivo dos xubilados durante os próximos dez anos. Mesmo se estas porcentaxes son menores, a revalorización das pensións dun 0,25% prometida polo Goberno aparece como unha medida simbólica se temos en conta que a inflación estatal roldou o 3% en 2013.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript