setembro de 2013
 
 

30/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 24 de setembro

Na reunión do 24 de setembro do Consello de Goberno aprobaronse tódolos puntos por asentimento. Como vos dixemos no PASquín anterior a intención era facer unha serie de preguntas conducentes a coñecer a situación real das cuestións que máis preocupan ao colectivo, no artigo facemos referencia ás mesmas.

 

  • Noticias relacionadas

 

No referido ao PAS:
 
No informe do Vicerreitor de investigación e transferencia, agradece o traballo realizado polo Servizo de Investigación na tramitación das convocatorias que tiveron que tramitar durante o mes de agosto.
 
O xerente informou de que o 23/09 realizouse a adxudicación das 27 prazas de  técnico/a especialista de laboratorio,Grupo III, de persoal laboral fixo e que en vindeiros días se publicará no DOG os nomeamentos (A relación de persoas aprobadas publicouse no DOG do venres, día 27/09/2013).
 
Tamén informou do proceso de eleccións dos representantes do colectivo do Capítulo VI. Do resultado do laudo que tivo lugar o 18/07 e que deu por válido o preaviso que presentaron a maioría sindical, e que o sindicato que presentara o primeiro preaviso presentou unha denuncia contra a Xerencia. A Xerencia xa presentou alegacións.
 
O día 9/09 tivo lugar unha reunión de todos os sindicatos e de persoal pertencente a ese colectivo xunto coa xerencia e chegaron ao acordo unánime polo que, no prazo de 6 meses, estudarase a posibilidade de que este persoal se lle apliquen os Convenios Colectivos do PDI ou do PAS Laboral, segundo o caso.
 
Rolda de intervencións:
 
Nuria Vieira preguntou:
 
- Polo Convenio Colectivo do PAS Laboral xa que na anterior reunión do Consello de Goberno de xullo, só quedaba pendente a última lectura do mesmo para a aprobación.
 
O xerente contestou que se está a ultimar o borrador xa que precisamente agora se está a estudar pola Xerencia a interrelación que pode ter precisamente a posible aplicación do convenio ao persoal do Capítulo VI.
 
- Respecto da aplicación do Convenio Colectivo de PAS laboral ao Persoal do Capítulo VI, pregunta si na reunión que se realizou o 09/09 estaban presentes os representantes do PAS Laboral ou está informado o Comité de Empresa do PAS
 
O xerente contesta que non estaban presentes na reunión pero que ao día seguinte informou ao Comité de Empresa do PAS Laboral do que se acordou nela. Aclara que se está a falar de aplicación do convenio colectivo e de elección de órganos de representación do persoal do Capítulo VI, en ningún caso dunha integración laboral no colectivo de PAS Laboral
 
- En base a qué norma se seguen aboando os complementos de ex altos cargos na UDC, xa que a Lei 1/2012 da Xunta de Galicia suspende a percepción deste complemento desde hai máis dun ano.
 
Responden o xerente e o secretario xeral, que ó PDI docente funcionario non é persoal da CCAA polo que a lei da Xunta de Galicia non lles é de aplicación, e que o seguen aboando en base a normativa estatal.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript