setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Transformar a rabia en acción

Ao deterioro constante que están a sufrir os servizos públicos súmase a continua precarización das condicións laborais, económicas e sociais dos traballadores e traballadoras da administración pública galega, Feijoo xa decidiu que, o vindeiro ano aos traballadores e traballadoras da administración galega vainos descontar, outra vez, o mesmo que no ano 2013.

 

  • Noticias relacionadas

 

Énchenos de rabia ver como unha e outra vez meten a man nos nosos petos e rouban o pouco que xa nos queda neles. A constante depredación sobre os nosos salarios leva a que, ao longo deste período de crise, xa perderamos máis do 30% do noso poder adquisitivo.
 
Coa escusa de rebaixar o déficit público Feijoo arremete contra os servizos públicos e os traballadores e traballadoras da administración autonómica con máis virulencia, incluso, que o goberno central que “anunciou” que  este ano non ten previsto conxelar os soldos dos traballadores da súa administración, ver a noticia en La Sexta, manterá as pagas extras e estudará devolver algúns dos “moscosos” que se eliminaron en 2012. O portavoz do PP no Congreso, Alfonso Alonso, instou a non “alimentar o medo” con noticias que digan o contrario .
 
Como con todo o que está a acontecer arredor da crise-estafa temos dúas alternativas:

 

  • Transixir e pagar sen chistar (nós, os nosos fillos, netos…) as contas dunha festa na que non participamos.
     
  • Rebelarnos e esixir que paguen a crise os/as que a crearon e que, aínda por riba, se benefician agora da saída programada polos gobernos neoliberais .
 
É obriga nosa contribuír a crear unha sociedade máis xusta, tanto para nós como para a nosa descendencia, por iso vos animamos a transformar a rabia en acción. Non hai outra saída.
 
As universidades públicas de Galiza estableceron unha coordinación para levar adiante mobilizacións unitarias. Corresponde darlle pulo tanto a este órgano como á finalidade para a que se constituíu, temos que facer visible tanto para os gobernantes como para a cidadanía o rexeitamento que nos merecen as medidas que se aprobaron e as que se aprobarán. É unha obriga loitar para que se nos restitúa o que nos roubaron.
 
A situación esixe, tamén, unha resposta colectiva de todas/os as traballadoras/es da administración pública galega, corresponde, polo tanto, activar as dinámicas unitarias co resto de compañeiros e compañeiras coas que compartimos obxectivos.
 
XUNT@S PODEMOS!!

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript