setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA EN DEFENSA DO TREN A CORUÑA E AS MARIÑAS
 

A Coruña - a propaganda do concello en temas de mobilidade

Estamos na Semana Europea da Mobilidade, unha campaña que se realiza en toda Europa coa intención de promover unha cultura de mobilidade sostible, menos contaminante que o modelo actual que prioriza o uso do vehículo privado en detrimento do transporte público.

 

 

Ao fío da celebración da Semana Europea da Mobilidade o Concello da Coruña realizou unha campaña de propaganda para intentar convencernos de que se preocupa da mobilidade, vendendo a súa proposta de PMUS (Plan de Mobilidade Urbana Sostible), que non é máis que unha cortina de fume sen abordar os problemas reais da mobilidade na nosa comarca, acompañado de diversas actividades que rematan hoxe.
 
Nós, a Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas, consideramos que é unha vergoña que o concello desta cidade teña o descaro de intentar convencernos de que están preocupados poi a mobilidade, cando todas as políticas que realizan son totalmente contrarias a calquera medio de transporte sostible (un exemplo disto foi a eliminación do carril bus existente na Coruña). Unha destas políticas é a relacionada co tren de proximidade e o transporte de mercadorías por ferrocarril, un medio de transporte que este concello despreza a pesar das vantaxes que podería achegar á mobilidade sostible da cidade e toda a bisbarra.
 

 
O señor Negreira, é dicir o PP, non quere saber nada de tren de proximidades, só está interesado no AVE e na desaparición da estación de mercadorías de San Diego, como manifestou por escrito. Nesta platafor­ma, consideramos que é unha aberración que unha bisbarra con preto de 800 mil habitantes, cunha entra­da de vehículos diarios, na cidade da Coruña, de máis de 150 mil, non dispoña de servizo de tren de proxi­midades a pesar de que as infraestruturas xa existen e non habería que realizar grandes investimentos que si se destinan ao AVE. A solución "sostible" que formula o Alcalde da Coruña é ampliar a Avenida de Alfonso Molina, para que poidan entrar máis vehículos, seguir construíndo máis parkings soterrados, co que queda claro que o seu Plan de Mobilidade Sostible non é máis que un "paripé" para quedar ben ante a opinión pública e seguir beneficiando, como sempre, "ás súas empresas amigas':
 
Non contento con esta decisión tan retrógrada, quere eliminar a estación de mercadorías de San Diego para que se incremente o transporte por estrada, con todo o que iso implica en emisión de partículas conta­minantes ao medio. E mentres dende o goberno central se ultima a privatización de RENFE e ADIF para dividilas en máis empresas, se leva a cabo unha redución de servizos ferroviarios de ata o 70%, que vai perxudicar moi negativamente tanto a traballadores do ferrocarril como a usuarios, o Concello mira para outro lado e utiliza palabras moi bonitas para vendernos o importante que é a mobilidade.
 
Dende a Plataforma na Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas esiximos un tren público, seguro e social. Queremos que o Concello deixe de facer "paripés" e se implique na defensa do tren, que faga todo o posible para que teñamos un tren de proximidades e que non intente acabar coa estación de San Diego. O tren con­vencional é o medio de transporte social por excelencia que presta un servizo ao alcance de toda a socie­dade, é respectuoso ca medio e favorece a vertebración nacional. E é do pobo posto que famos todos nós quen o creou e o mantivo, e ninguén pode quitarnos o que nos pertence.
 
A Coruña, 21 de Setembro de 2.013
 
Unha aposta polo futuro
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript