setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  PENSIÓNS
 

Xa sabemos o que nos van roubar

Como vos informamos no anterior PASquín xa temos enriba das nosas calugas un novo pensionazo, o que até agora eran especulacións, noticias nos xornais, cálculos realizados por particulares xa ten unha referencia oficial,. Na memoria que o goberno mandou ao Consello económico e Social xa se cuantifica o roubo en preto de 33 mil millóns de euros.

 

  • Noticias relacionadas

 

Lonxe queda aquilo de que "Se hai algo que non tocarei, serán as pensións, sería algo inhumano", así se manifestaba o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, á calor do debate sobre a actualización das pensións no Parlamento en decembro de 2012, outro compromiso que xa daquela non dubidabamos incumpriría.
 
Xa vos informaramos tamén que esta medida, unha vez máis ao estar intervidos, imponse dende a trooika, e queren que a dixiramos xustificándoa na mesma escusa que usan de xeito xeneralizado, neste caso “recórtanse as pensións para asegurar a súa supervivencia”  (o mesmo discurso que para a sanidade, educación…).
 
Nin que dicir ten que eses 33 mil millóns de euros saen dos nosos petos e irán a parar ao pago dunha débeda ilexítima, dunha débeda non contraída pola cidadanía, dunha débeda que corresponde pagar exclusivamente aos que se fixeron cargo dela, esencialmente a banca, a dinámica de transformación desta débeda privada en pública, é unha das consecuencias do sistema capitalista, dun sistema deshumanizado que prima o beneficio do capital sobre o benestar social.
 
A medida é o roubo do século, un "atraco" de 33 mil millóns de euros para os actuais pensionistas pero, sobre todo, para os que nos xubilaremos nas próximas décadas.
 
Os pensionistas galegos perderán uns 56 millóns en 2014 coa nova reforma

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript