setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA . A Mesa Pola Normalización Lingüística
 

Decreto de plurilingüismo, o TSXG ordena á Xunta o cumprimento da sentenza.

A Mesa Pola Normalización Lingüística, diante do incumprimento reiterado por parte da Xunta de Galiza da sentenza Nº 1286/2012 de 21 de novembro que anulaba os artigos 5.2 e 12.3 do Decreto de plurilingüismo no ensino non universitario, unha vez que dita sentenza era firme, presentou un recurso contencioso-administrativo instando a súa execución forzosa.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ordenarlle, agora,  á Xunta de Galiza a execución forzosa de dita sentenza que, no seu día,  declarara ilegais varios artigos do Decreto do Plurilingüismo, entre os que figuraba a realización dunha enquisa ás familias para fixar a lingua vehicular no ensino infantil.
 
O TSXG dálle á Xunta un mes de prazo para que execute a sentenza e advírtelle que súa desobediencia pode comportar:
 
- Poderán adoptarse  as medidas necesarias para lograr súa efectividade.
 
- Poderanse impoñer multas coercitivas de CENTO CINCUENTA a MIL CINCOCENTOS EUROS (150 a l.500 euros) ás autoridades, funcionarios ou axentes sen prexuízo doutras responsabilidades patrimoniais a que houbera lugar.
 
- Poderase deducir o oportuna testemuña de particulares para esixir a responsabilidade penal que puidera corresponder..
 
Nun alarde de cinismo o executivo xa anunciou a súa intención de recorrer.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript