setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Día 24, novo Consello de Goberno

O martes, día 24, a partir das 9 da mañá terá lugar na Reitoría unha nova reunión do Consello de Goberno, da que vos xuntamos a orde do día, aproveitarase a quenda aberta de intervencións para facer referencia ao que interesa directamente tanto ao PAS laboral coma ao PAS funcionario.

 

 

Lembramos que na última reunión (23/07/2013) o Xerente, sobre o novo Convenio Colectivo de Pas Laboral informou que xa se realizara unha revisión inicial do mesmo e que se estaba á espera dunha segunda lectura co Comité de Empresa (comisión negociadora) para a súa aprobación definitiva.
 
Informara, tamén o xerente, de que por sentenza do Xulgado do Social n.º 5 da Coruña declaráronse nulos os despedimentos de dúas traballadoras do Cap.VI (unha delas axente de emprego e a outra administrativa de emprego) que terán que ser readmitidos de xeito obrigatorio. Esta readmisión farana no Cap.VI, pero como non teñen financiamento, todo parece indicar que se trasladarán fondos do Cap. I ao VI para os seus custos salariais.
 
Estamos ao voso dispor para que nos indiquedes as cuestións que entendedes como relevantes para transmitilas na nova sesión.
 
Orde do día

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript