setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  OCU
 

Máis de 100.000 usuarios sumáronse á compra colectiva de enerxía

Xa son máis de 100.000 os cidadáns que se uniron á primeira compra colectiva de enerxía convocada pola OCU. Estás farto de pagar moito pola luz e o gas? É hora de que os consumidores tomemos a iniciativa. Participa ti tamén.

 

  • Noticias relacionadas

 

PARTICIPA
 
En España pagamos moito pola electricidade: en Europa, só Irlanda e Chipre pagan máis ca nós. Ademais, dende 2007, a factura da luz subiu en torno a un 60%. Estás farto desta situación? En OCU tamén, e por iso pensamos que chegou o momento de que os consumidores tomemos a iniciativa para "romper" o mercado de enerxía.

Unidos podemos lograr mellores tarifas: o obxectivo da Compra Colectiva de Enerxía é precisamente conseguir os maiores aforros para o máximo de consumidores.
 
Este grupo de compra colectiva de enerxía finalizará cunha poxa (o 16 de outubro) á que se presentarán todas as comercializadoras que o desexen: as compañías de enerxía terán que puxar nunha poxa, ofrecendo a mellor tarifa do mercado.
 
En www.quieropagarmenosluz.org podes informarte e participar nesta iniciativa.
 
Cantos máis sexamos máis presión poderemos exercer as compañías enerxéticas!
 

·         A inscrición está aberta a todos os consumidores (socios e non socios de OCU).

·         A participación é totalmente gratuíta: o período de inscrición vai do 12 de setembro ao 14 de outubro

·         grupo de compra tratará de obter o mellor prezo de electricidade e gas.

·         Por inscribirte non asumes ningún compromiso.

 
Os consumidores únense para pagar menos pola luz

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript