23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Saber quén somos
Cada día é máis deprimente comprobar o doadamente que enganaron aos que lles votaron porque non soamente lles votaron os ricos e os da CEOE, votáronlles millóns de obreiros e traballadores que polo que se ve agora non teñen nada claro de onde veñen, o que son, o que representan e a quen deben votar para que defenda os seus intereses: os intereses da clase traballadora son a educación, sanidade, pensións e dependencia PÚBLICAS, hai que dicilo porque moitos non se decataron e puxéronlles a ovo a estes jorobarnos a vida. A ver se a próxima vez se pensan mellor a quen votan e os que son realmente.

Monicreques
A maioría dos ministros deste Goberno ao igual que o seu presidente, son simples monicreques, postos aí para cubrir as aparencias, os que á sombra, ditan a política a seguir sobre, Economía, normativa laboral e educación, os tres piares nos que se sustenta o País, son, banqueiros, empresarios e Igrexa.
Ou sexa, Botín en nome dos banqueiros, Juan Rosell en nome dos empresarios e o inefable Antonio Mª Rouco Varela en nome da Igrexa.
Con este conxunto de ditadorzuelos de pacotilla temos o futuro resolto porque non vai quedar nada para resolver, estes tres individuos mais o suave do Presidente deixarán o País arrasado e terceiromundista e preparado para servir como escravos ao resto dos europeos.
E iso é o que nos espera, se non o remediamos.

Recoñecernos
É unha guerra, non declarada, pero cruenta. En concreto, o que sempre se chamou "guerra de clases". As elites extractivas contra os que só temos a nosa forza de traballo para vivir. Os que van gañando, sábeno, os que imos perdendo, ignorámolo. Así nos vai. A única solución para darlle a volta, recoñecernos como "nós" e pasar ao ataque en todas as frontes. E tanto os membros das forzas armadas coma os do poder xudicial, antes ou despois terán que optar pola lei ou pola xustiza. Con eles ou connosco.

As reformas
As "reformas" fannos á maioría máis dependentes dos que teñen diñeiro e poder, tanto en España coma fóra. Dende ese punto de vista, é lóxico que para eles a crise xa poida darse por rematada. Entraron con medo tras o de Lehman Brothers e saíron reforzados no seu papel de pastores do rabaño. Cando os medios de comunicación obxectivos, independentes e liberais o consideren oportuno (ou llo manden) decatarémonos de que todo rematou e xa poderemos gozar a nova sociedade Vitoriana con wifi onde o primeiro mandamento será ser deferente e respectuoso co que manda e ten diñeiro, que para iso é o sal da terra.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript