setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UVIGO
 

Comunicado da Asemblea Pola Defensa da Uvigo

A última Mesa de Negociación do PDI serviu para certificar que a Xunta de Galiza e o Goberno de España non van permitir estabilizar @s compañeir@s que gañaron plans de promoción, que acabaron os seus contratos de axudantes ou que se capacitaron como doutor@s en áreas de especial dificultade.

 

  • Noticias relacionadas

 

A UVigo disponse a convertelos como moito en Contratad@s Doutor@s Interin@s, unha figura precaria e, neste contexto de desfuncionarización xeral, cun futuro sumamente incerto. Nesa situación poden estar anos ou seren despedidos se recrúa o proceso de amortización de prazas de emprego público que agochan as continuas leis neoliberais que acabaron coa autonomía universitaria.
 
A estratexia da equipa reitoral da UVigo revelouse como un erro de cálculo. Durante o curso pasado, aplicáronnos a intensificación docente que promovía o neoliberal Decreto Wert e despediron a ducias de profesor@s asociad@s coa intención de mercadear a súa saída por prazas estábeis. Craso erro. O neoliberalismo non descansa. As medidas de recorte no gasto público seguirán incidindo na redución dos nosos salarios e na rebaixa da calidade do sistema universitario público.
 
Pero existen posibilidades de cambiar a situación. Desde os nosos despachos non podemos defender a universidade pública. Hai que sumarse ás mobilizacións organizadas pola representación d@s traballador@s, ás propostas de desobediencia civil que procedan dos colectivos máis conscientes e comprometidos e ás protestas en defensa dos postos de traballo dos PDI, dos PAS ou doutros servizos (cafetería, reprografía, deportes, etc.) que están sendo derrubados polo proceso de privatización ao que está sometida á universidade pública.
 
Velaí a empresa que copa o servizo de cafetería da Facultade de Filoloxía e Tradución, que se nega a subrogar a traballadora que levaba case vinte anos traballando con nós.
 
Velaí a empresa CDU-AQA, responsable de moitas actividades deportivas do campus, que acaba de despedir a outra traballadora, con escuras acusacións.  Velaí o intento da nova empresa de reprografía da Facultade de Filoloxía e Tradución, que está intentando reducir os dereitos da traballadora á que se negaba inicialmente a subrogar.
 
Moit@s PDI e PAS da Facultade de Filoloxía están boicoteando ao novo servizo da cafetería, en protesta pola situación da traballadora non subrogada.
 
Hai unha campaña de recollida de sinaturas para apoiar a traballadora despedida por CDU-AQA.
 
Hai un movemento de solidariedade coa traballadora do servizo de reprografía da Facultade de Filoloxía.
 
Pero necesitamos máis. Temos que implicarnos solidariamente c@straballdor@ safectad@s polas leis laborais e pola deriva neoliberal que está acabando coa universidade.
 
Estamos comezando a preparar a XORNADA DE FOLGA NO ENSINO PÚBLICO do 24 DE OUTUBRO DE 2013. Vai ser unha convocatoria de carácter colectivo que abranguerá a PDI, PAS, familias e estudantes.
 
Temos que dar unha resposta forte e solidaria en defensa da Universidade Pública.
 
Solidarízate coa clase traballadora.
 
Participa en concentracións de apoio a traballador@s despedi@s ou non
subrogad@s.
 
PROMOVE E PARTICIPA NUN CAMBIO DE RUMBO NA UNIVERSIDADE DE VIGO.
 
Sección PDI da Asemblea Pola Defensa da Universidade de Vigo
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript