setembro de 2013
 
 

23/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  CATALUNYA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

A Generalitat prepara o despedimento de máis de 6.600 interinos

O Govern comunicou o luns os sindicatos da Mesa sectorial do persoal técnico e administrativo da Función Pública "un calendario de concursos de traslados para os próximos meses, que afectará á práctica totalidade de corpos -tanto xerais coma especiais- da Administración da Generalitat".

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo os representantes dos traballadores, "gran parte das prazas que se convocarán están ocupadas actualmente por persoal interino", polo que indican que "se trata dunha operación para despedir estes traballadores, cun goteo constante que veremos ao longo dos próximos meses,".
 
Esta medida poñería en situación de risco a "os 6.614 empregados públicos interinos". "O Govern segue, polo tanto, coa súa reforma encuberta de desmantelamento da Administración Pública da Generalitat, en beneficio do sector privado," denuncian os representantes sindicais.
 
Mas prepara o despido de 6.600 interinos da Generalitat para cumprir os axustes
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript