setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  EDUCACIÓN PÚBLICA
 

Para Wert as mobilizacións pola educación son "festas de aniversario"

Para o ministro de educación as manifestacións que en todo o estado se veñen realizando contra a LOMCE son tan pouco combativas que se poden comparar a “festas de aniversario”. O ministro, no programa Los desayunos de TVE, (intervención completa) dixo literalmente que "El nivel de discrepancia o conflicto que hay en España se puede considerar una fiesta de cumpleaños" comparando as mobilizacións que se desenvolven no estado coas que se realizan en Chile ou México, países onde tamén se está a reivindicar unha educación pública e de calidade.

 

  • Noticias relacionadas

Se isto é o que opina o ministro, para ser escoitados, haberá que incrementar a intensidade das protestas.  Na súa chulería habitual mófase das convocatorias sendo coñecedor da forza que as sucesivas mobilizacións van adquirindo.
 
O ministro, coñecedor do rexeitamento xeneralizado da comunidade educativa (pais, alumnos, docentes e PAS) á LOMCE e do dano que tanto para a súa imaxe como para o propio goberno e PP están a causar as mobilizacións das mareas educativas pretende saír da situación a base de insultos e exabruptos
 
Polo de pronto, o día 24 de outubro terá que enfrontarse a esa crúa realidade ao convocarse unha nova folga xeral a nivel do estado.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript