setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Feijoo prepáranos máis recortes

Chegou o período no que os gobernos, central e autonómico, comezan a deseñar os orzamentos para o vindeiro ano. Despois dos globos sonda para coñecer o estado e opinión dos afectados/as, no noso caso dos traballadores e traballadoras da administración pública, pásase á seguinte fase consistente en ir adiantando certas medidas para que nos vaiamos afacendo ao que posteriormente se lexislará ou ben para diminuír nalgunha medida o recorte anunciado para que o asumamos como “o menos malo”.

 

  • Noticias relacionadas

 

O goberno do estado xa manifestou que, na súa intención de conter o gasto, os orzamentos do ano 2014 prorrogarán a conxelación salarial dos seus traballadores e traballadoras.
 
Pola súa parte Feijoo fainos saber, polos medios de comunicación, a súa decisión de que no 2014 recortará, de novo, os nosos salarios na mesma contía que o fixo no ano 2013. Isto días despois de manifestar publicamente que non o ía facer.
 
Así as cousas e  se non o evitamos a nosa capacidade adquisitiva, xa reducida en máis dun 30% nestes últimos anos, terá unha nova tallada, Feijoo gábase da situación económica da comunidade galega (que segundo as súas contas está por riba da media) tamén presume de que Galiza será das primeiras en saír do túnel, iso si, pensa facelo a custa do empobrecemento dos traballadores e traballadoras da administración pública e da liquidación dos servizos públicos.
 
Ano tras ano recortan o noso salario e os nosos dereitos sociais e laborais. Se non activamos e incrementamos a mobilización, insistirán unha e outra vez nos recortes e nunca recuperaremos o que nos están a recortar. Acabaremos escravizados mentres ao noso carón, os culpables da crise, seguen enriquecéndose cada día máis, trasladando aos traballadores e traballadoras da administración pública, aos servizos públicos e á cidadanía a carga do seu ilícito enriquecemento.
 
Non podemos agardar a que o novo recorte sexa aprobado, coñecendo as súas intencións temos que actuar desde agora mesmo para evitar que adopten esa decisión.
 
Debemos activar tanto a resposta unitaria das tres universidades públicas galegas como a unidade de acción cos compañeiros e compañeiras do resto da administración pública galega.
 
Pola recuperación do que nos roubaron
 
Para que non nos rouben nunca máis

 
A resposta non pode agardar
!

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript