setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL - ECONOMÍA
 

Un novo pensionazo

Segundo os técnicos de facenda aquelas persoas que comecen a cobrar a súa pensión entre 2019 e 2029, é dicir nos dez primeiros anos de aplicación do factor de sostibilidade, terán dereito a unha pensión que será un 5,8% mais baixa que a que lles correspondería en 2012. Diminucións de similar contía iranse acumulando en décadas posteriores.

 

  • Noticias relacionadas

Aínda que o secretario de Estado da Seguridade Social Tomás Burgos dixo que non se perderá poder adquisitivo, neste sentido afirmou: "os pensionistas non van perder poder adquisitivo, eu diría todo o contrario". Burgos engadiu que aos pensionistas "de hoxe e do futuro lles interesa ter un sistema sostible no tempo".
 
Hai que matizar que unha suba nominal garantida como propuxo o Goberno do 0,25%, non garante o poder adquisitivo, dado que a inflación será difícil que se manteña en niveis iguais ou menores á suba das pensións, co que a mingua do poder adquisitivo se irá acumulando. Por outro lado se a pensión de entrada é menor debido á maior esperanza de vida dos pensionistas é probable que se produzan bolsas de pobreza como formula o Instituto de Estudos Fiscais a pesar de ter un sistema economicamente san.
 
Para que vos fagades unha idea:
 

 

 

A reforma de Rajoy devolve aos pensionistas a tempos do franquismo
 
A ministra intenta tranquilizar aos futuros xubilados coas súas declaracións, pero oculta datos que os traballadores deberían coñecer

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript