setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  OXFAM
 

As políticas capitalistas poderían crear 25 millóns máis de pobres en Europa para 2025

As políticas capitalistas aplicadas en varios países europeos poderían provocar outros 25 millóns máis de pobres en Europa antes de 2025, advirte Oxfam co seu novo informe, 'A Cautionary Tale' ('Un conto de advertencia').

 

  • Noticias relacionadas

A ONG alerta sobre como as duras políticas neoliberais implementadas por algúns Gobernos están a incrementar enormemente a pobreza e a desigualdade en Europa. Esta Organización considera, ademais, que serán necesarios dúas décadas ou máis para poder reverter os danos ocasionados.
 
Ata 25 millóns máis de persoas vivirán probablemente neste continente sumidas nunha situación de pobreza antes de 2025, o que equivale, segundo este documento, á poboación combinada dos Países Baixos e Austria.
 
Ese número de "novos pobres" elevaría a 146 millóns o número de persoas pobres en Europa, case un terzo da poboación, segundo Oxfam, que alerta de que poderían facer falta ata 25 anos para recuperar os estándares de vida que se gozaban hai cinco anos.
 
Segundo Max Lawson, responsable do equipo legal da organización, "os recortes nos servizos públicos e na seguridade social combínanse con ingresos decrecentes e o desemprego en aumento para crear unha situación profundamente dañina e inxusta na que millóns xa sofren para subsistir".
 
De cara á reunión que este xoves teñen previsto celebrar os ministros de Finanzas da Unión Europea en Vinius, Oxfam fai un chamamento aos Gobernos europeos para que avoguen por un novo modelo económico e social que invista nas persoas, reforce a democracia e busque impostos xustos.
 
A ONG considera que os Executivos poderían recadar billóns para os servizos públicos como a sanidade e a educación impoñendo impostos aos máis ricos e erradicando a evasión fiscal.
 
No informe alértase, ademais, de que o desemprego está a chegar a máximos récords en moitos países europeos, sendo as mulleres e os mozos os máis afectados. Os salarios están a decrecer con maior rapidez en países que afrontan as medidas neoliberais máis duras e case un de cada dez fogares de familias traballadoras en Europa viven actualmente na pobreza e esta situación podería empeorar, agrega.
 
"Os únicos que se benefician destas medidas son os máis ricos, que viron aumentar os seus ingresos mentres os pobres viron os seus decrecer", observou Lawson.
 
Este responsable de Oxfam agregou que "o Reino Unido, Grecia, Irlanda, Italia, Portugal e España -países que están a perseguir de forma máis agresiva estas medidas- pronto figurarán entre os máis desiguais do mundo se os seus líderes non varían o seu rumbo".

EFE

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript