setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Funcionarización

O hermetismo co que se abordan as cuestións relativas ao PAS Laboral nesta universidade ás veces ten fendas polas que se cola algunha información. Por exemplo xa transcendeu que a Institución nomeou a súa representación no Tribunal, polo tanto cada día está máis preto a convocatoria da primeira das probas selectivas do proceso de funcionarización.

 

  • Noticias relacionadas

 

Parece que a Xerencia nomeou a María José Brión Sobrido como presidenta do Tribunal. Tanto a Xunta de Persoal Como o Comité de Empresa xa nomearan aos seus respectivos representantes nese órgano;
 
A Xunta de Persoal nomeou como titular, polo que nós coñecemos, a  Pilar Mahía Porto, sendo a funcionaria nomeada, como titular,  polo Comité de Empresa Carmen Cartamil Obelleiro.
 
Como vos dicimos aínda que a información non sexa o fluída que cabería esperar, o proceso avanza.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript