setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  GALIZA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Destrución de emprego público

O ataque contra o público non só afecta aos dereitos económicos, laborais e sociais dos seus traballadores e traballadoras, a política aplicada polo goberno do PP ten un alcance de máis envergadura. Á perda de dereitos e servizos hai que engadir a destrución de emprego público que Feijoo ven aplicando sistematicamente desde que tomou posesión.

 

  • Noticias relacionadas

Segundo as cifras oficiais, dende o ano 2009, a destrución de emprego público cífrase en máis de 4.200 postos de traballo, aínda que a eliminación abrangue todas as administracións e servizos públicos da comunidade, cabe sinalar  que máis de 2.000 postos de traballo corresponden ao ensino público.
 
O ataque ao público realízano en todos os flancos, deste xeito á privatización de servizos engádese a deterioración das prestacións que recibe a cidadanía, esténdese o repago dos servizos sendo xa, en moitos casos, inalcanzables para unha capa cada día maior da sociedade.
 
Somos traballadoras e traballadores da administración pública, somos os/as que facemos efectivos os dereitos da cidadanía, temos a responsabilidade e a obriga de velar porque eses servizos sexan patrimonio de todos e todas os habitantes de Galiza, esa responsabilidade debe empurrarnos a impedir que se dea esta situación e ser a punta de lanza da loita pola restitución dos dereitos roubados.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript