setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  O DESPILFARRO OLÍMPICO-P. GARCÍA
 

O custo dos tres fracasos olímpicos de Madrid iguala o investimento realizado nos Xogos de Londres

O tótem do "80% das infraestruturas olímpicas rematadas" tradúcese nun investimento de 9.000 millóns de euros, fronte aos 12.000 destinados a Londres 2012. A débeda do Concello avanza cara aos 8.000 millóns, aínda que xa non haberá que inverter nada para futuros Xogos.

 

  • Noticias relacionadas

Madrid pode presumir de ter un Récord Guiness das desgracias: ser a cidade que máis diñeiro destinou aos Xogos Olímpicos sen telos, algo así como comprar unha consola de Style Empire sen un palacete onde metela. No seu Barómetro da Economía do pasado mes de abril, o Concello fardaba de ter o "74% das infraestruturas realizadas" para os Xogos Olímpicos (a cifra foi continuamente redondeada pola candidatura ata o 80%, e mesmo o 90% se era Ana Botella a que falaba). O gasto en abril para ese labor ascendía a 8.851 millóns de euros, que son bastantes máis se se lles suman os gastos de lobbyng e outros aparellos das tres candidaturas.
 
Practicamente 9.000 millóns de euros para contentar ao COI en van, aos que habería que engadir un bo plus de ter logrado a capital a vitoria nalgunha das tres ocasións (2005, 2009 e agora), de acordo cun monográfico despregado por La Marea. O xa desbordado non anda moi lonxe do investimento realizado polas autoridades británicas para os Xogos Olímpicos de Londres 2012, que dos 9.000 millóns que se difundiron ao rematar estes o ano pasado xa soben ata os 12.000 quilos, segundo novas estimacións.
 
Non todo está perdido no dispendio madrileño, pero si unha gran porción. Á parte de obras impresionantes como a M-30, cuxo custo (8.000 millóns) practicamente empata coa débeda que ten o Concello (por enriba de 7.000 millóns, e subindo), o empeño olímpico deu pé a unha dilapidación sen sentido. Para maquillar provisionalmente a situación, o exalcalde Alberto Ruiz-Gallardón improvisou un exercicio de enxeñaría financeira de reclinatorio botando man dunha sociedade municipal outrora rendible, Madrid Espazos e Congresos (Madridec).
 
A directiva de entón de Madridec, Luis Blázquez á cabeza, encarnou a aposta polos Xogos máis descarada: conseguiu edificios na Calle de la Montera ou en Campo de las Naciones que logo Cibeles tivo que malvender, ideou un monumental Centro Internacional de Convencións xunto aos catro novos rañaceos que rematou converténdose nun enorme burato ao fresco e apeitugou coa xestión e a débeda de pavillóns deportivos de última xeración, como a Caija Mágica ou o Madrid Arena.
 
A traxedia acaecida en novembro de 2012 nesta última instalación agravou a decadencia económica desta sociedade, hoxe liquidada e fusionada con outras empresas locais. Os antigos patróns foron destituídos e os novos directivos, Pablo del Amo á cabeza, fixeron un ERE antes de facela desaparecer e venderon moitos dos seus activos á desesperada.
 
(Boa noticia para Madrid: segundo unha investigación emprendida por Sky Sports, os Xogos Olímpicos de Londres saíron por moito máis do difundido: concretamente, por 24.000 millóns).

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript