16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Botella
Eu non sei por que esta muller se ermpeña en parecer o que non é: simpático. De aí e do contido do seu ridículo discurso. Non tan culpable ela, que só pretende mandar, como o asesor que, con eses vimbios pretende facer ese cesto. O parvo non sabe que o é do mesmo xeito que o antipático non é consciente da antipatía que esperta. Véxase Aznar. Á parte de consideracións políticas, hai ou houbo no mediocre espectro político español, alguén máis antipático, alguén que cada vez que acendías a tv daba a impresión de que te estivese a disputar? O pecado da Botella é pretender ser o que non é, unha lider, unha política próxima á rúa. A ela, como boa hortera vinda a máis, lle horroriza a rúa, os pobres, os enfermos, os pensionistas e todo o que ula a pobo. Por iso o seu discurso resultou tan ridículo, por falso, ela non é nin simpático nin xovial, se lle nota no sorriso que máis que proximidade dá a sensación de que está a dicir: “me cago en tu padre”.

Máis Botella
Botella é unha máis deste fedorenta clase política: nulos en todo, mesmo xa na "arte" de falar e falar, que antes era o mínimo esixible a todo político. Hoxe en día, como apenas hai roldas de prensa, os políticos xa nin teñen que falar e cando se ven obrigados.... pois cafelito con leite.

Saímos da crise?
Creo que en realidade o que está a suceder é que se está a fraguar outro modelo distinto ao que se puxo en marcha tras a segunda guerra mundial. Non podo crer que o poder económico, que está a vivir anos de auténtica dozura, teña interese ningún en crear as condicións que conduzan ao pleno emprego. As empresas grandes (as de tipo familiar son outra cousa) non se rexen con criterios de utilidade social, non teñen máis meta que a de amasar diñeiro, canto máis mellor e a custa do que sexa e neste "o que sexa" inclúe a propia democracia.

Ter criterio propio
Mellorar o substrato aí está a clave, claro que para iso necesitamos unha educación libre, igualitaria e que das mesmas oportunidades a todos os cidadáns independentemente do seu poder adquisitivo, da súa procedencia; esa é a clave para que teñamos un criterio propio, saber ler entre liñas e distinguir entre o que nos contan e o que realmente é, para poder separar o trigo da palla dos Marhuenda correspondentes que hoxe son lexión. Todo ese coro mediático ao que tan ben lle vai con este Goberno que os enche de prevendas de publicidade oficial, xustamente á prensa menos lida é á que máis diñeiro lles dan, claro que non hai máis que ler as portadas de ABC ou La Razón ( que paradoxo) para entendelo.
Efectivamente fóra non len esa prensa e, claro, teñen outra idea do que é realmente este país e a idea que teñen non nos deixa en moi bo lugar, mellor dito, non os deixa en moi bo lugar. Rajoy é un pallaso para o resto de Europa. Aos nosos representantes na presentación da candidatura olímpica de aurora boreal, un dos representantes do COI permitiuse aconsellarlles que os recursos que ían dedicar aos XXOO os dedicasen a causas máis importantes e necesarias. Seguramente para esta dereita montaraz esta boa muller é unha filoterrorista de moito coidado, xa se sabe que o inmediato é descualificar o mensaxeiro para matar a mensaxe. Quixeron voar, para tapar toda a podremia que lles cobre, pensaron que así podían seguir enganándonos como a nenos cos pallasos da tele. Saíulles como era de prever por calquera sensato que analizase dende a sensatez as nosas posibilidades. A marca España pisárona, vexárona e ensuciárona eles. Dirán, como sempre, que o contubernio xudeomasónico conspirou contra nós, que nos teñen envexa, dirán que foi unha inxustiza e un atropelo. Eu dígolles, Señores do COI grazas, grazas por poñernos onde nos corresponde, o lugar ao que nos levaron os impresentables que din representarnos

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript