setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Bolseiros, alta na Seguridade Social

A Tesourería Xeral da Seguridade Social ven de publicar as instrucións para a aplicación da sentenza do Tribunal Supremo de data 12 de maio de 2013 publicada no BOE do día 28 de xuño pola que se declara nulo o Real Decreto 1707/2011 do 18 de novembro polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na Instrución explicítase que só se darán de alta os períodos comprendidos desde o día 28 de xuño de 2013 rexeitando, polo tanto, a retroactividade da norma.
 
Os bolseiros que cumpran a condición anterior debe solicitar a alta na Seguridade Social antes do 30 de setembro de 2013.
 
As cotas correspondentes ao período comprendido entre o 21 de xuño e o 31 de agosto poderán ingresarse sen recargo até o 31 de outubro de 2013,
 
Ler a Instrución

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript