setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  CENTROS DE ORIENTACIÓN FAMILIAR (COF) - A CORUÑA
 

Información da Plataforma de Apoio aos COF

Informarvos de que o SERGAS xa puxo data para a unificación dos dous Centros de Planificación da Coruña que segundo eles farase o 1 de abril do 2014. Por outra banda xa sabedes que Gallardón volve a carga coa reforma da lei do aborto.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Ante todo isto, proponse que a plataforma de apoio aos COF participe activamente coa plataforma polo derito a decidir, uníndose ás accións da mesma e ir valorando se facemos máis adiante algunha acción específica.
 
A próxima mobilización será unha manifestación nacional o 28 de setembro, ás 17:30h na cidade de Compostela (co mesmo percorrido que a anterior).
 
De cara á difusión da mesma, na Coruña acórdase convocar unha Marcha silenciosa para o día 25 de setembro ás 19:30h. O acto consistirá en: saíndo desde o Pazo de Xustiza, iremos camiñando en ringleira (portando piruletas, cartaces e o diverso material que se fixera para o pasarrúas) e amordazadas con tea negra até chegar ao Obelisco. Unha vez alí, comezaremos a dar voltas arredor do monumento mentres un par de compañeiras reparten material convocando para a manifestación nacional .
 
Pasados dez minutos pararemos, quitando unha a unha a mordaza e dicindo unha consigna cada unha por medio dun megáfono que nos iremos pasando unhas ás outras. Nese mesmo espazo, fronte á ONCE, haberá un lazo de tea lila, arredor do cal nos poremos unha vez nos vaiamos “liberando” da mordaza.
 
Sería ben saber cantas mulleres se apuntan a ir coa mordaza na marcha silenciosa. Está programada unha xuntanza o mércores 18 de setembro, ás 17:30h nalgunha sala que poida deixarnos a CIG, tendo como obxectivo xuntarmos o material que fora elaborado para o pasarrúas e ver así se é suficiente para a acción do día 25.
 
Pensando a medio prazo, propoñemos facer charlas nas facultades para informar sobre a unificación dos COF da Coruña (prevista para o 1 de abril) e outros temas relacionados cos recortes nos servizos públicos e no ataque á nosa saúde sexual e reprodutiva que supoñen. Para isto contactarase coa plataforma UDC en loita, integrada por diversos sindicatos estudantís e demais persoas da comunidade universitaria. Esta idea foi xa comentada coa plataforma polo dereito a decidir e temos o seu apoio e colaboración.
 
 Esperamos as vosas achegas!!!
 
Saúdos e forza para seguir coa loita!

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript