setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  MADRID-PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE
 

Imputada a cúpula da sanidade madrileña que impulsou a privatización

O xuíz de Instrución número 4 de Madrid, Marcelino Sexmero, admitiu a trámite unha querela presentada pola Asociación de Facultativos Especialistas de Madrid (AFEM) contra nove persoas, entre elas os exconselleiros de Sanidade Manuel Lamela e Juan José Güemes, por presuntas irregularidades cometidas na adxudicación para a xestión sanitaria externalizada dos primeiros hospitais da Comunidade de Madrid (Infanta Elena, en Valdemoro; o Rei Juan Carlos, en Móstoles; e o Hospital de Torrejón de Ardoz).

 

  • Noticias relacionadas

A querela tamén se dirixe contra a actual viceconselleira de Asistencia Sanitaria e directora do Servizo Madrileño de Saúde (SERMAS), Patricia Flores, daquela directora xeral de Atención Primaria; o director xeral de Hospitais, Antonio Burgueño; o representante da Fundación Jiménez Díaz, Juan Antonio Álvaro de la Parra; o presidente ou conselleiro delegado de Grupo Ribera Salud; o presidente ou conselleiro de Capio Sanidad; o presidente ou conselleiro de Unilabs, e o presidente ou conselleiro de Asisa. O instrutor ordena así mesmo enviar unha comisión rogatoria a Luxemburgo para que investigue a HC Investments BV, o fondo holandés que controla Capio.
 
No auto o maxistrado acorda admitir a trámite a querela presentada o pasado 29 de maio pola comisión de oito supostos delitos: realización arbitraria do propio dereito, coaccións, delito contra a Facenda Pública, falsidade documental, prevaricación, suborno, fraude e malversación de caudais públicos, informa Europa Press. A acusación popular represéntana varios deputados do Grupo Parlamentario Socialista da Asemblea de Madrid.
 
Ler o Auto

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript