setembro de 2013
 
 

16/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Persoal do Capítulo VI

Tendo coñecemento, polos comunicados que os sindicatos maioritarios nos remiten, do que está a acontecer co persoal do Capítulo VI, a CUT quere manifestar:

 

  • Noticias relacionadas

 

Uns cantos sindicatos arróganse a representación deste persoal para negociar, á marxe dos traballadores, as súas condicións laborais.
 
Entendemos que calquera negociación que estes compañeiros teñan que desenvolver coa administración debe pasar pola representación saída dunhas eleccións entre os/as compoñentes do colectivo, é dicir, polo seu Comité de Empresa.
 
Nin que sexan sindicatos maioritarios (algúns), nin que acadasen representación nas anteriores eleccións significa que a vaian a obter nas que se deberían convocar. Por outra parte, descoñécese o número de representantes que cada un deses sindicatos acadaría e, polo tanto, a importancia cuantitativa e cualitativa dos seus postulados na negociación. Non se contempla a posibilidade de que teña presenza outra forza sindical ou unha listaxe unitaria que no seu seo contemple diferentes sensibilidades.
 
As eleccións determinarían a representatividade de cada unha das candidaturas que a elas  concorran, polo tanto a forza das respectivas posicións na negociación.
 
Parécenos un novo chachullo conducente a favorecer as posicións dos sindicatos próximos ao equipo reitoral.
 
Como vos diciamos noutro artigo a comunicación do actual Comité de Empresa coas traballadoras e traballadores que representa é inexistente, de feito coñecemos as intencións dos sindicatos para o noso colectivo polos comunicados emitidos por CCOO (María Luísa Sánchez Simón, PDI) e pola CIG ensino.
 
Somos conscientes da situación de precariedade na que exercen o seu traballo os compañeiros e compañeiras do Capítulo VI (Convenios e Proxectos) pero calquera negociación dun posible proceso de integración no colectivo de PAS laboral ten que contar coa presenza e aceptación do colectivo de PAS laboral.  De ningún xeito este acordo pode afectar ao persoal laboral que ten que ser representado en calquera negociación polo órgano que terá que saír das correspondentes eleccións sindicais.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript