setembro de 2013
 
 

09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  NON Á GUERRA
 

O estado español prégase a EUA no seu plan militar contra Siria

A Rajoy abondoulle cunha breve entrevista con Obama para cambiar o criterio que mantiña respecto da “intervención” en Siria. O goberno do estado español indicara a pasada semana que non se pronunciaría ata coñecer o informe de Nacións Unidas sobre o ataque químico do día 21, o que manda manda.

 

  • Noticias relacionadas

 

En realidade quen informou da nova postura do goberno do estado español foi o propio Estados Unidos que, nun comunicado sinalou ese novo posicionamento. A actitude do goberno é dunha enorme gravidade por producirse sen a discusión e a correspondente decisión do Congreso dos Deputados. A decisión gobernamental é inaceptable aínda que a consultara co principal partido da oposición (PSOE) feito que se descoñece sendo a demostración, unha vez máis, da falsa democracia na que vivimos, a prepotencia é de tal calibre que nin as formas gardan.
 
Todo parece indicar que o cumio do G20 que se realizou en San Petersburgo, esta fin de semana, vaise converter na reedición, con diferentes integrantes, do Cumio das Azores. A estes xenocidas non lles importa o ditame dos expertos enviados pola ONU para averiguar o sucedido coas armas químicas. A decisión está tomada os lacaios obedecen ao patrón (Estados Unidos) e participarán nunha nova masacre sen nin sequera o aval do Consello de Seguridade.
 
A reacción non pode agardar, participa nas concentracións que o vindeiro día 10 ás 20:30 están convocadas en todas as cidades galegas diante dos concellos e na Coruña diante do consulado de Estados Unidos.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript