setembro de 2013
 
 

09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Os servizos sanitarios das CCAA. X Informe

Dende o ano 2004 a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública vén realizando con periodicidade anual un Informe sobre a Situación Sanitaria das CCAA. Neste ano presentamos o X Informe.

 

  • Noticias relacionadas

 

A sanidade experimentou un empeoramento xeneralizado en todas as comunidades autónomas por primeira vez nos últimos dez anos, especialmente en indicadores como as listas de espera, aínda que se manteñen as diferenzas entre unhas e outras, que lonxe de diminuír se acrecentaron.
 
Esta é unha das principais conclusións do 'X informe da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública' (FADSP) sobre os servizos sanitarios das CCAA, que analiza unha vintena de parámetros que inclúen, ademais das listas de espera, o gasto per cápita, o número de camas e profesionais, o gasto farmacéutico ou a valoración dos cidadáns.
 
Todos os datos son de 2012, salvo o gasto per cápita que corresponde a 2013, en tanto que a opinión da cidadanía foi solicitada entre xuño e setembro do pasado ano, polo que as medidas adoptadas posteriormente non se ven reflectidas nesta.
 
Ler informe

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript