setembro de 2013
 
 

09/09/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Feijoo prométenos, de novo, que non nos recortará o salario

Estamos afeitos a escoitar que non se pode facer caso das promesas dos políticos, sendo isto certo de xeito xeral, a este home non se lle pode facer caso nunca, mente máis que fala. O compromiso de Feijoo non é novo, adquiriuno, con anterioridade, na campaña electoral fixo un pac de promesas (que incluían a de facer funcionarios a tódolos laborais fixos, a de non reducir salarios na Administración Pública…). A credibilidade deste individuo non existe.

 

  • Noticias relacionadas

 

O compromiso do ano 2012 xa non era novo, na campaña electoral de 2009 a promesa era o “establecemento dun plan plurianual de recuperación das perdas históricas de poder adquisitivo por parte dos empregados públicos da Xunta de Galicia”. Aplicando a súa política de 'austeridade', o PPdeG non cumpliu a súa promesa.
 
As actuais promesas de Feijoo son aínda máis difíciles de crer dado que Pedro Puy, portavoz parlamentario do PP, asegurou recentemente que o Goberno de Feijoo estuda proseguir nos Presupostos do 2014 coa liña de axustes retributivos adoptada desde as contas do 2010.
 
“Prometer e non dar aos tontos fai alegrar” dito que se lle pode aplicar ás promesas do actual presidente da Xunta, dito que tamén referencia a idea que este mandatario ten dos seus cidadáns.
 
Contra a institucionalización da mentira, mobilización continua.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript